Revisión de las indicaciones de la radioterapia estereotáxica corporal (SBRT) en pacientes con tumores primarios y oligometástasis.

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco do desenvolvemento de actividades da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS, financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socia lles e Igualdade.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) o cancro é unha das principais causas de morte en todo o mundo; no 2008 causou 7,6 millóns de mortes, o que representa un 13% do total de defuncións. A OMS prevé que o número de mortes por esta causa sigan aumentando alcanzando no 2030 un total de 13,1 millóns.

Os tratamentos dispoñibles para o cancro inclúen cirurxía, quimioterapia e diversas formas de radioterapia (RT). Tradicionalmente a radioterapia administrouse cun número pequeno de feixes externos que tratan o tumor, e irradian áreas de tecido san adxacente. Actualmente, a radioterapia trata de evitar, no posible, afectar os tecidos sans ou aos órganos de risco que rodean o volume para tratar, unha destas técnicas é a radioterapia estereotáxica.

Levar a cabo unha revisión sistemática da literatura sobre osLevar a cabo unha revisión sistemática da literatura sobre os datos publicados no tratamento con radioterapia estereotáctica corporal (SBRT) e proporcionar unha visión xeral do estado actual sobre a eficacia, seguridade e custo-efectividade.

Documentos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.