Novos vídeos sobre a Metodoloxía Lean na canle de Youtube de Acis: P2P de competencias de investigación e innovación

A metodoloxía Lean é un modelo de xestión enfocado á creación de fluxo para poder entregar o máximo valor para os clientes/usuarios, utilizando con tal obxectivo os mínimos recursos necesarios. Este modelo xa se utiliza con éxito en gran cantidade de países entre os que se encontran Estados Unidos ou Xapón, e cada vez ten máis relevancia en España.

 

FotoFlexer_Photo.jpg 
Os vídeos da canle de YouTube da Axencia de Coñecemento en Saúde “P2P de competencias de investigación e innovación”, permiten coñecer, dun xeito rápido e visual, os fundamentos do método Lean. Trátase de vinte vídeos de apenas un minuto de duración cada un no que se aborda o concepto, principios, métodos de implantación e outras bases. A listaxe de vídeos é a seguinte:

 

  • 01- Que é Lean
  • 02- As dúas caras do Lean
  • 03- Os principios de Taiichi Ohno
  • 04- Os 5 principios Lean
  • 05- O sexto principio
  • 06- Muda Muri Mura
  • 07- Tipos de Muda
  • 08- Os 14 principios de xestión de Toyota
  • 09- Lean e Seis Sigma
  • 10- Como implantar Lean
  • 11- Genchi Gembutsu
  • 12- Os 5 por qué
  • 13- Estandarización
  • 14- Polivalencia
  • 15- 5S
  • 16- Xestión Visual
  • 17- Poka Yoke
  • 18- Kanban
  • 19- Kaizen
  • 20- A3
 
A canle de Youtube “P2P de competencias de investigación e innovación” atópase dentro da páxina web da Axencia de Coñecemento en Saúde, dentro do apartado “Formación” en “Autoformación”. Os vídeos están organizados en listas de reproducción, coma os “Proxectos da Plataforma de Innovación Sanitaria”, ou as pílulas sobre Metodoloxía da Investigación, Bioestadística e moitos outros temas de interese.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.