A Rede de Nodos de Innovación é unha ferramenta para facilitar e promover a achega de ideas á Plataforma de Innovación Sanitaria por parte dos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
 
A súa concepción parte da necesidade de tecer unha rede flexible que permita que os médicos, os profesionais de enfermería e os xestores sanitarios actúen como intraemprendedores capaces de promover a mellora continua de todo o sistema achegando ideas concretas.
 
Sete nodos. Cada unha das sete Áreas Sanitarias do Sergas funciona como un nodo de innovación recollendo, xestionando e canalizando os inputs que recibe dos seus profesionais e compartíndoos co conxunto do sistema baixo un modelo de gobernanza coordinado e aberto.
  | Área Sanitaria | Nodo de innovación | Contacto | 
| A Coruña e Cee | Jacobo Formigo Couceiro
 |  | 
| Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Pilar Rodríguez Ledo |  | 
| Pontevedra e O Salnés | Modesto Martínez Pillado |  | 
| Santiago de Compostela e o Barbanza
 | Javier Quiles del Río |  | 
| Ferrol
 | José Lorenzo Muñoz Iglesias
 |  | 
| Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras | Silvia Álvarez Paradelo
 |  | 
| Vigo | Daniel Simón Valero |  | 
| Fundación Urxencias Sanitarias 061 (invitado) | Teresa de Jesús Cartelle Pérez |  | 
| Nodo central na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde |  | 
 
 
Os nodos realizan tarefas de dinamización, formación e promoción da innovación aberta entre os seus profesionais, á vez que lles prestan soporte na xestión e o acceso ao financiamento unha vez que as súas ideas se converten en proxectos.