A Rede de Nodos de Innovación é unha ferramenta para facilitar e promover a achega de ideas á Plataforma de Innovación Sanitaria por parte dos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia.
A súa concepción parte da necesidade de tecer unha rede flexible que permita que os médicos, os profesionais de enfermería e os xestores sanitarios actúen como intraemprendedores capaces de promover a mellora continua de todo o sistema achegando ideas concretas.
Sete nodos. Cada unha das sete Áreas Sanitarias do Sergas funciona como un nodo de innovación recollendo, xestionando e canalizando os inputs que recibe dos seus profesionais e compartíndoos co conxunto do sistema baixo un modelo de gobernanza coordinado e aberto.
Área Sanitaria |
Nodo de innovación |
Contacto |
A Coruña e Cee |
Alejandro Ávila Álvarez |
|
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Pilar Rodríguez Ledo |
|
Pontevedra e O Salnés |
Modesto Martínez Pillado |
|
Santiago de Compostela e o Barbanza
|
Javier Quiles del Río |
|
Ferrol
|
José Lorenzo Muñoz Iglesias
|
|
Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras |
María del Mar Vázquez Salvado |
|
Vigo |
Daniel Simón Valero |
|
Fundación Urxencias Sanitarias 061 (invitado) |
Teresa de Jesús Cartelle Pérez |
|
Nodo central na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde |
|
Os nodos realizan tarefas de dinamización, formación e promoción da innovación aberta entre os seus profesionais, á vez que lles prestan soporte na xestión e o acceso ao financiamento unha vez que as súas ideas se converten en proxectos.