Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito polo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenvolvemento de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. 2017.
O cancro de mama continúa sendo a primeira causa de morte por cancro na poboación feminina española. O risco acumulado que presenta unha muller sa de desenvolver cancro de mama ao longo da súa vida é próximo ao 10%, mentres que nas portadoras dunha mutación en BRCA1 e/ou BRCA2 aumenta ata un 50-80%, polo que se consideran de alto risco. Para elas, existen estratexias específicas que inclúen a cirurxía de redución de risco, a quimioprevención e as medidas de detección precoz ou vixilancia intensiva.
Con este informe, avalia-t compara a eficacia/efectividade e seguridade da mastectomía de redución de risco fronte a outras estratexias preventivas, de diagnóstico precoz ou de redución de risco.