Este documento realizóuse ao amparo do convenio de colaboración suscrito po lo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenrrolo de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
O prolapso dos órganos pélvicos (POP) caracterízase por o descenso do útero, cúpula da vaxina, vexiga ou intestino no interior da vaxina ou mesmo máis alá da súa apertura.
Esta patoloxía non causa mortalidade pero pode ter un grande impacto sobre a calidade de vida. Chega a afectar ata o 50% das mulleres que tiveron partos vaxinais, podendo ocasionar síntomas no 21% dos casos.
A etioloxía do POP é complexa e multifactorial, e os principais factores de risco son o parto vaxinal, a idade avanzada e a obesidade. As opcións terapéuticas son o tratamento conservador, o mecánico ou a intervención cirúrxica. Esta última constitúe a base da reparación do POP, especialmente para prolapsos sintomáticos ou nun estadio avanzado e recentemente incorporou o emprego de mallas sintéticas non absorbibles. Estas asociáronse a diferentes complicacións como se comunicou por organismos que alertan sobre a súa utilización, como a Food and Drugs Administration (FDA) no ano 2011, que advirte aos profesionais da saúde e aos pacientes do risco do uso de mallas, como a erosión vaxinal, dor, infección, complicacións urinarias, sangrado e perforación de órganos.