I+D+i en Intelixencia Artificial

​A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade lidera a transformación dixital do Sistema Público de Saúde de Galicia, transformando e evolucionando o modelo de atención aos cidadáns co apoio necesario dos profesionais sanitarios, permitindo dar resposta aos retos do sector e da poboación.

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde como Organismo Público de Investigación da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde colabora coa Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información no desenvolvemento e execución de proxectos neste ámbito como TARTAGLIA ou ImageDataSpace Saúde.


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.