- Sanidade impulsa un proxecto piloto centrado na telemedicina para mellorar a atención de pacientes con fibrose quística a través de novos modelos de financiamento innovadores
Bruxelas (Bélxica), 31 de outubro de 2025.- O socios do proxecto europeo Invest4Health reuniuse en Bruxelas os días 29 e 30 de outubro para revisar os avances e coordinar os próximos pasos no desenvolvemento de modelos de financiación innovadores para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades. A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) participa neste consorcio composto por 18 entidades de 8 países, no marco do programa Horizonte Europa.
Foron dous días de traballo onde se realizaron varias sesións coas rexións piloto do proxecto, entre as que está Galicia para avaliar a aplicación de distintas ferramentas e metodoloxías, centrándose no modelo Smart Capacitating Investment (SCI), e fortalecer a colaboración entre rexións para fomentar a sostenibilidade e eficiencia na financiación sanitaria.
O final da xornada dedicouse ao seguimento das actividades xerais do proxecto, incluindo a xornada de peche do proxecto prevista para o mes de maio de 2026.
O proxecto Invest4Health, cunha duración de tres anos e medio e un presuposto de 5,5 millóns de euros, busca garantizar o acceso a unha atención sanitaria innovadora e de calidade en Europa, promovendo a adopción de medidas preventivas sostibles. A participación de Galicia neste consorcio europeo subliña o seu compromiso coa innovación no ámbito sanitario e a súa aposta por modelos que melloren a eficiencia e a calidade dos servizos de saúde.