Efectividad y seguridad de la LDL-aféresis en xantomatosis cerebrotendinosa

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

A xantomatosis cerebrotendinosa é unha enfermidade congénita ultrarara, que pode derivar en importantes complicacións neurológicas graves se non se diagnostica e trata precozmente. A terapia de substitución con ácido quenodesoxicólico (AQDC) asociada ou non aos inhibidores da HMG-Co A reductasa constitúe o tratamento estándar pero moitos pacientes diagnosticados en idade adulta non responden o tratamento ou deixan de facelo despois dun tempo, sufrindo unha deterioración neurológico progresivo, que pode chegar a ocasionar a morte. A LDL-aférese expúxose como unha posible opción alternativa para estes pacientes. O obxetivo de este informe é avaliar a efectividade e seguridade da LDL-aférese no tratamento da xantomatosis cerebrotendinosa.

Documentos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.