Efectividad clínica del cribado neonatal de errores congénitos del metabolismo mediante espectrometría de masas en tándem. Parte III.

  • Deficiencia primaria de carnitina (CUD)
  • Deficiencia de Acil-CoA deshidrogenasa de cadena corta (SCADD)
  • Deficiencia de Acil-CoA deshidrogenasa de cadena muy larga (VLCADD)
  • Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

    Os programas de cribado neonatal teñen como obxectivo a identificación presintomática e o tratamento precoz de transtornos conxénitos tratables, para reducir a morbimortalidade e as posibles discapacidades asociadas a esas enfermidades. Estes programas deben garantir o acceso equitativo e universal de tódolos recén nados da poboación diana, coa correcta información ós pais para a axuda na toma de decisións.

    O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal dos seguintes erros conxénitos do metabolismo: Deficiencia primaria de carnitina (CUD), Deficiencia de Acil-CoA deshidrogenasa de cadena corta (SCADD), Deficiencia de Acil-CoA deshidrogenasa de cadena muy larga (VLCADD).

Documentos relacionados
Links relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.