Cribado de cáncer de pulmón.

O cancro de pulmón é unha das principais causas de morte nos países industrializados, ocupando o segundo lugar soamente por detrás das enfermidades cardiovasculares. A pesar da súa alta incidencia e mortalidade, presenta unha baixa prevalencia debido a que a maioría dos casos son detectados en estadíos tardíos, polo que sería moi importante dispoñer de probas de cribado capaces de detectar a enfermidade canto antes. O tabaco é o principal factor de risco, sendo o causante do 85-90% de todos os casos.

O obxectivo principal deste informe é analizar a efectividade de diferentes probas propostas para o cribado do cancro de pulmón: tomografía computarizada helicoidal de baixa resolución, radiografía de tórax e citología de esputo no diagnóstico precoz do cancro de pulmón. Ademais, preténdese coñecer o potencial doutras probas de cribado e estimar a poboación susceptible de ser cribada para o cancro de pulmón en España e por comunidades autónomas.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.