Convocatoria de axudas Proxectos de Investigación en Enfermidades Raras 2024



No B.O.E. de data 17 de xullo do 2024 publicouse o Extracto de Resolución de 11 de xullo do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades pola que se aproba a convocatoria para o ano 2024 das as axudas a Proxectos de Investigación en enfermidades raras baixo o PERTE para a saúde de vangarda, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 775070


O obxecto desta resolución é financiar proxectos que fomenten a investigación en enfermidades raras e neuromusculares con especial énfase en Esclerose Lateral Amiotrófica ( ELA)


A finalidade destas axudas é financiar proxectos de calidade contrastada dirixidos a resolver necesidades non cubertas identificadas mediante unha colaboración moi estreita con persoas enfermas, os seus representantes e familias, a validación na práctica clínica diaria de tecnoloxías, biomarcadores, e procedementos de Medicina Personalizada de Precisión, así como aqueles orientados ao deseño dese tipo de mecanismos e a súa validación posterior no ámbito asistencial, todo iso dentro do ámbito das enfermidades raras e neuromusculares con especial énfase en ELA


Catro liñas de investigación:


▪️ Medicina Xenómica de enfermidades raras, identificación de variantes e ferramentas para a prevención e o diagnóstico precoz destas enfermidades, incluíndo tamén os tumores de baixa frecuencia.


▪️ Mellora da prevención, diagnóstico precoz e tratamento da esclerose lateral amiotrófica (ELA) e outras enfermidades neuromusculares, mediante o establecemento de circuítos coordinados asistenciais e de investigación.


▪️ Investigación en estratexias de continuidade asistencial desde o hospital á atención primaria para a atención de pacientes con enfermidades raras e as súas familias, con especial énfase na prevención.


▪️ Investigación en atención á cronicidade e discapacidade dos pacientes con enfermidades raras, ELA e outras enfermidades neuromusculares.


A contía total máxima de esta convocatoria é de 20.000.000,00 de euros.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 18 de xullo ata o 5 de setembro de 2024 ás 15 horas( hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria.


​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.