Braquiterapia endoluminal en el tratamiento del cáncer de esófago.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.


A morbilidade e o pobre prognóstico do cancro de esófago fan que este constitúa un importante problema de saúde pública. Dentro das diferentes estratexias de tratamento, a braquiterapia viu incrementado o seu papel nos últimos anos debido á súa característica de concentrar a radiación nas áreas afectadas para, desta maneira, reducir os efectos secundarios ao evitar o tecido san circundante.

O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade desta técnica a través da análise da recurrencia, supervivencia, control de síntomas e calidade de vida dos pacientes tratados. Determinouse tamén a seguridade do procedemento en termos de toxicidade da radioterapia.

A braquiterapia endoluminal mostrou ser unha opción razoable como tratamento paliativo de casos seleccionados de disfagia asociada ao cancro de esófago avanzado e unha alternativa adecuada aos stents. A braquiterapia podería utilizarse tamén en tumores localizados e de baixo estadio non susceptibles de cirurxía. A súa implementación requiriría a creación dun equipo multidisciplinar experimentado, un correcto protocolo de traballo e unha estrita adherencia ao mesmo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.