Braquiterapia de alta tasa en el tratamiento de tumores de lengua móvil.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

A braquiterapia de alta taxa (HDR-BT) é un tipo de radioterapia interna, onde se utiliza unha fonte radioactiva que se coloca dentro do corpo ou preto do tumor e que permite dar un tratamento en moi poucos minutos. Ademais o material radioactivo non queda dentro do paciente.

Os cancros da porción móbil da lingua están situados por diante da V lingual e afectan aos dous terzos anteriores do órgano, estes tumores representan o 50% das patoloxías da cavidade oral.

O obxectivo principal deste traballo é valorar a seguridade e efectividade da HDR-BT no tratamento dos tumores de lingua móbil. Os obxectivos específicos principais son avaliar os beneficios en seguridade, control local e rexional, metástasis a distancia e supervivencia, respecto doutros tratamentos.

Documentos relacionados
Links relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.