Este documento realizouse no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde elaborado polo Ministerio de Sanidade e Política Social, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fundación Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
A impedancia (Z) é a oposición que mostra un corpo condutor ao paso dunha corrente eléctrica. A análise da bioimpedancia eléctrica (BIA) é un método utilizado na práctica clínica que, baseándose no devandito concepto, analiza a composición corporal e obtén datos sobre o estado de hidratación e nutrición do paciente. Existen diferentes métodos para realizar esta proba, pero o máis habitual consiste en pasar unha corrente monofrecuencia de moi baixa intensidade (50 KHz) a través de catro electrodos colocados dous a dous na man e o pé do mesmo hemicuerpo. É unha proba indolora xa que a intensidade é tan baixa que é imperceptible polo paciente.