O cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres e a principal causa de morte por esta enfermidade. A radioterapia intraoperatoria (RIO) consiste en aplicar unha única dose de radiación directamente na área do tumor durante a cirurxía. Este informe analiza como de efectiva e segura é esta técnica para previr recaídas e mellorar a calidade de vida, en comparación coa radioterapia tradicional. Os estudos revisados indican que a RIO presenta máis risco de recaídas que a radioterapia externa, pero causa menos efectos secundarios e pode achegar maior benestar ás pacientes. A pesar da súa comodidade, aínda precisa máis evidencia para confirmar a súa efectividade a longo prazo