A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde recibe o recoñecemento como entidade acolledora do programa Interreg Volunteer Youth (IVY)


A iniciativa Interreg Volunteer Youth (IVY), promovida pola Unión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), é un programa que permite a entidades e proxectos de Cooperación Territorial Europea acoller a voluntarios para apoiar a cooperación.

A ACIS tivo a oportunidade de realizar colaboracións no marco deste programa nos proxectos Interreg TransfireSaúde, Innov4life, HERCULES e CEMTex dando a oportunidade a mozas de achegar un valor engadido a estes proxectos en diferentes ámbitos e ofrecéndolles un primeiro achegamento ao que son os proxectos europeos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.