As fundacións para a xestión da investigación sanitaria galegas son as entidades xestoras dos institutos de investigación biomédica, aínda que en xeral o seu ámbito de actuación é máis extenso.
Son fundacions de natureza pública, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia dedicadas á promoción e á xestión especializada da investigación na contorna sanitaria galega cun enfoque integral: científico, económico, organizativo e de capital humano. Isto inclúe o soporte en todas as fases da cadea de valor da investigación, dende a optimización na súa captación de financiamento ata a xestión de ensaios clínicos ou de recursos humanos, pasando polo apoio na difusión de resultados, a súa transferencia e a súa potencial comercialización.
En coordinación con ACIS, cumpren un papel moi relevante na transferencia á sociedade dos resultados da investigación, actuando como canalizadoras deste proceso nas súas respectivas áreas territoriais: