Tecnologías sanitarias nuevas y emergentes 2015. Lista priorizada

Os sistemas de detección precoz de tecnoloxías sanitarias novas e emerxentes son considerados unha ferramenta útil e necesaria para a identificación e avaliación de tecnoloxías sanitarias proporcionando información preliminar a xestores, organizadores e responsables en saúde sobre a efectividade, seguridade, utilidade clínica, ou custos de tecnoloxías susceptibles dun alto impacto antes de ser amplamente difundidas polos servizos de saúde, e tamén para evitar o uso daquelas potencialmente ineficaces e/ou inefectivas ou pouco seguras. Así como importante para a sostenibilidade a largo prazo do sistema de saúde financiado con fondos públicos. Institucións de todo o mundo relacionadas ca avaliación de tecnoloxías sanitarias, maiormente axencias de avaliación, apostan por estes sistemas de detección precoz.

A Unidade de Asesoramento Científico-técnico, avalia-t, no marco da Red de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias y Prestaciones del SNS, con este traballo proporciona unha lista de tecnoloxías novas e emerxentes susceptibles de ser incorporadas ao SNS nos seguintes 1-2 anos. A lista foi priorizada de forma sistemática en base á perspectiva e valores dos profesionais implicados directa ou indirectamente na súa aplicación.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.