Redes e proxectos europeos

A innovación fai posible que o coñecemento xerado no ecosistema de saúde chegue:

  • ao paciente, en forma de novas técnicas de diagnóstico e tratamento e fórmulas asistenciais avanzadas.
  • ao mercado, xerando beneficios económicos que reverten en máis recursos para o Servizo Galego de Saúde.

A Axencia de Coñecemento en Saúde participa neste proceso cunha visión innovadora que integra a todos os agentes do sistema sanitario -desde os profesionais aos provedores-, que recolle as mellores prácticas a nivel internacional e que se alía cos partners máis afíns aos intereses de Galicia neste ámbito.

Para logralo a Área de Innovación busca incrementar a visibilidade do sistema público de saúde de Galicia mediante:

  • A participación en proxectos europeos para ter ao alcance outras experiencias de ámbito europeo /global.
  • O establecemento de redes e relacións de intercambio de coñecemento.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.