h1

Son fundacións de natureza privada, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia dedicadas á promoción e á xestión especializada da investigación na contorna sanitaria galega cun enfoque integral: científico, económico, organizativo e de capital humano. Isto inclúe o soporte en todas as fases da cadea de valor da investigación, dende a optimización na súa captación de financiamento ata a xestión de ensaios clínicos ou de recursos humanos, pasando polo apoio na difusión de resultados, a súa transferencia e a súa potencial comercialización.

En coordinación con ACIS, cumpren un papel moi relevante na transferencia á sociedade dos resultados da investigación, actuando como canalizadoras deste proceso nas súas respectivas áreas territoriais:
 

 

 

  • Fundación Biomédica Galicia Sur. Presta apoio e asesoramento aos profesionais sanitarios e investigadores dos centros e hospitais de:
    • As Áreas de Xestión Integrada de Vigo, Pontevedra-O Salnés e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.
    • Os grupos integrados no Instituto de Investigación Biomédica Ourense-Pontevedra-Vigo (IISGS).

 

  • Fundación Profesor Novoa Santos. Dá soporte aos profesionais sanitarios e investigadores dos hospitais e centros de saúde de:
    • As Áreas de Xestión Integrada da Coruña e Ferrol.
    • Os grupos integrados no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).