h1

Os socios del proxecto interrexional europeo TITTAN, (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network) celebraron o pasado 9 de setembro na Casa de Galicia en Madrid, a primeira reunión do proxecto na súa segunda fase, co obxecto de compartir experiencias relacionadas coa implementación dos seus respectivos plans de acción. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles desexou unha proveitosa xornada de traballo.

EEBlumTXYAET2d9.jpg

O proxecto dividido en dúas fases, encóntrase actualmente na segunda fase que consiste na implantación dos plans elaborados durante a fase 1 e ten unha duración de 24 meses. O plan de acción de Galicia consiste na implantación dunha rede de Living Labs de saúde nas áreas sanitarias de Galicia, chamada LABSAÚDE. Esta iniciativa trata de converter aos hospitais galegos e centros de saúde en contornas reais de probas de solucións innovadoras como paso previo de acceso ao mercado.

EEBlulpXYAAqqpY.jpg

Durante a reunión as sete rexións socias do proxecto expuxeron os avances logrados ata o momento na implantación dos plans de acción, e abordaron as actividades futuras relacionadas coa implementación das boas prácticas nas súas respectivas rexións.