h1

A Axencia Estatal de Investigación, publicou a convocatoria de axudas Europa Investigación 2019 para incrementar o número de coordinadores españois participantes en proxectos das convocatorias  H2020 e Horizonte Europa. O prazo de presentación de solicitudes termina o 25 de abril, a continuación tedes todos os detalles:

Obxecto e Finalidade. A convocatoria pretende financiar axudas para a preparación de propostas de proxectos I+D+i en colaboración transnacional liderados por grupos de investigación españois dirixidas ás convocatorias do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para o período 2014-2020 ( H2020) e o período 2021-2027 (Horizonte Europa).

A convocatoria inclúe a posibilidade de solicitar financiamento para a preparación de propostas dirixidas a convocatorias de  H2020 e os seus equivalentes en Horizonte Europa.

Beneficiarios
a) Organismos públicos de investigación.
b) Universidades públicas, os seus institutos universitarios, e as universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D+i.
c) Entidades e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro, vinculadas ou concertadas co Sistema Nacional de Saúde, que desenvolvan actividades de I+D+i.
d) Institutos de investigación sanitaria acreditados.
e) Centros Tecnolóxicos de ámbito estatal e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal.
f) Outros centros públicos de I+D+i.
g) Centros privados de I+D+i sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.

Características das axudas
- A axuda financiará os gastos necesarios para a preparación e presentación de novas propostas dirixidas ás seguintes convocatorias de H2020 e os seus equivalentes en Horizonte Europa:
·  RIAs e  IAs dos alicerces de “Retos Sociais” e “Liderado Industrial”.
·  MSCA  ITN e  RISE.
· Tecnoloxías Futuras e Emerxentes ( FET).
· Consello Europeo de Investigación (ERC, na súa sigla en inglés) tipo “ Starting  Grants”, “ Consolidator  Grants”, “ Advanced  Grants”, “ Proof  of  Concept” e “ Synergy  Grants”.
- O IP deberá figurar como coordinador do proxecto (excepto ERC).
- O prazo de execución das actuacións será de 1 ou 2 anos a contar desde a data que se determine na resolución (a data de inicio de execución non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2019).
- O orzamento solicitado na proposta a  H2020 ou Horizonte Europa pola entidades españolas debe ser superior a 2.000.000€ ou superior ao 25% do orzamento total da proxecto (salvo en ERC).
- Non se contemplan nestas actuacións o financiamento de gastos relacionados con propostas que fosen presentadas en convocatorias internacionais cuxo peche sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2019.

Contía das axudas
As axudas concedidas poderán cubrir total ou parcialmente o orzamento previsto para a preparación das propostas, cun límite máximo de:
- 25.000€ para propostas de  RIAs,  IAs,  MSCA  RISE e  MSCA  ITN.
- 10.000€ para propostas individuais ao ERC.

Prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes poderán presentarse desde o 9 ata o 25 de abril de 2019 ás 15:00 horas (hora peninsular española).
As solicitudes presentaranse electronicamente a través da aplicación da solicitude​.