h1

A súa estrutura de xestión correspóndelle ás fundacións para a investigación sanitaria, que traballan en coordinación con ACIS para garantir a mellor contorna de obtención e translación de resultados científicos.


 

Os hospitais docentes constitúen o núcleo básico dos institutos de investigación sanitaria. O obxectivo é potenciar o hospital como centro de investigación, para o que os institutos teñen como metas comúns:

  • Aproximar a investigación básica, a clínica e a de servizos sanitarios.
  • Crear unha contorna asistencial, docente e investigadora de calidade no que os alumnos de grao, os especialistas en formación e os profesionais sanitarios interactúen con investigadores e docentes da contorna universitaria para acadar unha abordaxe multidisciplinar e transdisciplinar dos problemas de saúde.
  • Constituír o lugar axeitado para a captación de talento e o asentamento das grandes instalacións científico-tecnolóxicas do ámbito da saúde.

 

 

En Galicia existen tres institutos de investigación sanitaria: