h1

biospain2018.png 
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Clúster Saúde de Galicia (CSG), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), e as 3 universidades galegas (UDC, USC e Uvigo) acoden xuntos ao Congreso BioSpain 2018 que se celebrará en Sevilla do 25 ao 27 de setembro de 2018.

BioSpain é a conferencia e encontro empresarial máis importante organizado enteiramente por unha asociación de biotecnoloxía en Europa e a terceira máis grande segundo o número de empresas e reunións un-a-un celebradas.

O evento está organizado por ASEBIO, a Asociación Española de Bioindustria​, e cada edición está coorganizada por unha institución local da cidade/rexión anfitrioa. Na edición de 2018, Biospain está coorganizado pola Junta de Andalucía a través da axencia IDEA, a iniciativa Invest in Andalucía, e a Consejería de Agricultura e Pesca de Andalucía.

A última edición de BioSpain , celebrada en Bilbao entre o 28 e 30 de setembro de 2016, atraeu a máis de 700 entidades, un 28% procedentes de fóra de España —de 29 países—, con máis de 1.745 delegados. Neste evento participan as principais empresas, institucións e centros de investigación do sector biotecnolóxico español.

Cifras destacables de BioSpain 2016

biospain2018cifras.png 
 
Tamén haberá unha participación importante dos asistentes na zona de partnering e non faltarán actividades de visibilización do sector biotecnolóxico galego en paralelo ás actividades propias do evento.

En BioSpain 2018, a delegación galega estará presente na zona de exposición na caseta 122.

Coñece os participantes:

biospain2018acis.png 
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é o instrumento ao servizo do Sistema público de saúde de Galicia para que o coñecemento circule de forma óptima dende a súa orixe ata a súa transferencia á sociedade. Para logralo, intégrase nunha mesma cadea de valor a formación, a investigación, a innovación e a avaliación de tecnoloxías.

biospain2018gain.png 
 
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é a entidade da Xunta de Galicia responsable de apoiar as empresas galegas para seren máis competitivas e para impulsaren o seu crecemento sobre bases sólidas e sustentables no tempo, a través da innovación e dun espírito empresarial creativo.

biospain2018clusterSan.png


O Clúster Saúde de Galicia (CSG) é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa misión é dinamizar a competitividade da industria da saúde de Galicia, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas relacionadas co sector sanitario. Somos a plataforma de colaboración para cohesionar o macrosector da saúde en Galicia e catalizar a cooperación I+D+i eficaz.

biospain2018bioga.png 
 
 
Bioga é a asociación que agrupa os axentes da cadea de valor do sector bio galego. O clúster traballa para mellorar o posicionamento do sector das ciencias da vida de Galicia.
 
biospain2018udc.png 
 
A Universidade da Coruña (UDC) é unha institución nova, moderna, innovadora e dinámica que está fortemente comprometida coa educación integral dos seus estudantes e co fomento da investigación e transferencia do coñecemento á sociedade. Aposta pola singularidade docente e científica a través dos seus campus de especialización: Campus Industrial, Campus da Sustentabilidade e Campus Innova.
 
biospain2018usc.png 
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten un orzamento anual de I+D superior aos 100 M €, e preto de 3.000 investigadores. Ademais, a USC conta co Campus Vida, campus de excelencia internacional.

biospain2018uvigo.png


A Universidade de Vigo (Uvigo) está entre as 150 mellores Universidades do mundo con menos de 50 anos. A Uvigo aposta pola excelencia para converterse nunha referencia en innovación. Conta cun campus de excelencia, o Campus do Mar.


Ligazóns de interese: