h1

O proxecto TITTAN vai celebrar o seu segundo aniversario, na procura da mellora da calidade dos sistemas de saúde a través de produtos e servizos innovadores no campo do envellecemento activo e saudable, co intercambio e a posta en marcha de boas prácticas entre as diferentes rexións europeas.

26/03/2018, Santiago de Compostela. O proxecto de catro anos e medio TITTAN (rede de transferencia de tecnoloxía innovadora no campo do envellecemento) leva xa dous anos de camiño, financiado con case 1,7 millóns de euros de INTERREG Europa, onde hai sete rexións europeas implicadas: a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) -socio principal-, a Fundación Vasca para a Investigación en Innovación e Saúde (BIOEF), a Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica (FRRB, Lombardía), Healthy Saxony (HS), Digital Health & Care Institute (DHI, Escocia), o Lower Silesian Voivodeship Marshal Office (LSVMO) e a cidade de Almere, nos Países Baixos.

Os socios TITTAN estiveron a traballar xuntos nunha serie de obradoiros internacionais e visitas in situ nas que se compararon diferentes prácticas recomendadas no ámbito rexional, para contribuír á mellora dos instrumentos de política rexional vinculados aos fondos estruturais da UE, dentro das tres áreas de actuación ou temáticas (AT) establecidas no proxecto:

AT1. INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DE FÓRA CARA A DENTRO: promove a adquisición de produtos e solucións innovadoras para os sistemas de saúde pública, principalmente a través da posta en marcha de prácticas como a compra precomercial (CPP) e a compra pública de solucións innovadoras (CPI), pero tamén se analizaron outros enfoques como os programas de cocreación público-privada etc.

1º Obradoiro Interrexional e visita de estudo (Santiago de Compostela, 5 - 7 setembro, 2016): expertos das distintas rexións socias europeas de TITTAN compartiron as súas iniciativas que se puxeron en marcha con éxito nas súas respectivas rexións entre os sectores público e privado e son un beneficio claro para os pacientes e os sistemas de saúde. Durante o obradoiro, fíxose unha énfase especial na promoción de metodoloxías innovadoras de contratación pública, non só dende o punto de vista teórico, senón tamén dende o punto de vista práctico. O equipo TITTAN viaxou ao Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo para ver de primeira man algúns dos proxectos desenvolvidos en Galicia mediante a utilización de procedementos de contratación pública innovadores no marco dos proxectos H2050 e InnovaSaúde financiados polos fondos FEDER 2007 -2013.

270320181.jpg


AT2. INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DE DENTRO CARA A FÓRA: pretende reducir a fenda entre a investigación e o mercado no sector da saúde, a través da promoción e establecemento dun ecosistema de innovación, a partir do modelo da cuádrupla hélice (comunidades de pacientes, a industria, centros de investigación e organismos públicos). Este ecosistema debe promover a transferencia dos resultados de investigación e transferilos a empresas, fomentando o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores.

2º Taller Interrexional e visita de estudo (Milán, 6-8 marzo, 2017): Durante o obradoiro, discutíronse ata un total de 12 boas prácticas sobre innovación aberta, plataformas colaborativas e monitorización telemática, etc. Ademais, durante o segundo día do obradoiro, os socios tiveron a oportunidade de visitar a Fundación Don Gnocchi, unha organización de máis de 5.500 empregados que opera en 29 centros baixo a acreditación do servizo nacional de saúde italiano. As súas actividades abranguen o ámbito da saúde: a rehabilitación, o benestar social e os servizos socioterapéuticos. Tamén leva a cabo unha intensa investigación científica e educativa nunha variedade de ámbitos.

270320182.jpg

3º Obradoiro Interrexional e visita de estudo (Almere, 29-31 maio, 2017): O primeiro día, xunto coas boas prácticas, algúns grupos de interese anunciaron os seus proxectos apostando pola innovación no campo da nutrición para un envellecemento saudable e outros baseáronse na tecnoloxía de vangarda procedente de Galicia, Euskadi e a Baixa Silesia. Despois diso, todos os socios participaron nunha visita de estudo ao A-Lab Amsterdam: un espazo de cotraballo onde se mesturan igualmente a creatividade e a tecnoloxía. O segundo día foi elixido para presentar o resto das boas prácticas de Galicia, Escocia, Saxonia e Baixa Silesia. E completouse con visitas de estudo a varias iniciativas innovadoras en Almere, como HealthFactory (Living Lab), o Big Data Value Center (intelixencia de datos) ou Senior Live (innovación social).

AT3. CIDADANÍA ACTIVA PARA UN ENVELLECEMENTO SAUDABLE: pensada para aumentar a conciencia e coñecemento dos cidadáns sobre o uso das novas tecnoloxías e mellorar a súa calidade de vida. Todo isto mediante a adopción de prácticas de cibersaúde e a participación de pacientes en experiencias conxuntas de codeseño con profesionais da saúde e coidadores.

270320183.jpg

4º Obradoiro Interrexional e visita de estudo (Edimburgo, 2-4 outubro, 2017): o obradoiro de TITTAN  coincidiu coa Conferencia de BCS Health Scotland de 2017. O primeiro día, xunto coas boas prácticas, algúns grupos de interese anunciaron os seus proxectos dentro da AT3, baseados na tecnoloxía dixital de vangarda procedente de Escocia, Euskadi e a Baixa Silesia ou doutro tipo, como a innovación social de Almere. Presentáronse algúns casos específicos escoceses para discusión e estudo. Durante o segundo día presentáronse boas prácticas sobre cibersaúde e autocoidado, como Tecnology-Enabled-Care e outras estratexias en cibersaúde, etc. Elixiuse o terceiro día para falar sobre novas formas de rehabilitación cognitiva e motora, con KINEAGE, ou como facer unha cidade máis amigable para os cidadáns de máis idade, etc.

270320184.jpg


5º Obradoiro Interrexional e visita de estudo (Dresden, 5-7 febreiro, 2018): uns 30 participantes compartiron as súas iniciativas dentro da AT3 para unha cidadanía activa para un envellecemento saudable, no Hospital Universitario Carl Gustav Carus Dresden. Durante a visita ao Instituto Fraunhofer de Terapia Celular e Inmunoloxía en Leipzig, que tivo lugar o segundo día do obradoiro, o Dr. Dirk Kuhlmeier, líder do grupo de nanotecnoloxía, presentou os Point-of-Care-Diagnostics e as áreas de investigación do Instituto. Ademais, o Hospital St. Georg gGmbH Leipzig informou sobre o progreso no diagnóstico dos erros conxénitos raros do sistema inmunitario. O taller TITTAN finalizou cunha visita ao Centro de Tratamento de Protóns do Hospital Universitario de Dresden.

270320185.jpg

VISITAS IN SITU: No marco dunha área temática, o persoal dos socios e os seus grupos de interese realizaron estadías de ata 5 días nunha rexión con experiencia relevante nesa área temática, para recibir asistencia e traballar de man na preparación do futuro Acción Plan. Ata agora, todas as visitas in situ para AT1 e AT2 realizáronse con éxito. O obxectivo destas visitas é afondar nas boas prácticas no campo da innovación tecnolóxica de dentro cara a fóra. As próximas visitas in situ relacionadas coa cidadanía activa para un envellecemento saudable organizaranse nos vindeiros meses.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES EN TITTAN:

  • Obradoiro Interrexional en Medicina Personalizada (Milán, 11 de abril de 2018): O evento reúne proxectos INTERREG Europe que abordan desafíos en ciencias da saúde e da vida, proxectos internacionais (TO-REACH, IC-PerMed e ERA-PerMed) e iniciativas paneuropeas como ESTHER (tecnoloxías emerxentes e intelixentes para a saúde) para comprender cales son as principais prioridades na medicina personalizada que se poden abordar en el ámbito rexional.

 

  • Obradorio de TITTAN na Baixa Silesia (Wroclaw, 7 e 8 de maio de 2018): unha reunión de grupos de interese da Baixa Silesia con socios do proxecto TITTAN para presentar boas prácticas que, por unha banda, non foron presentadas ata o momento e, por outra, boas prácticas co fin de verificar a viabilidade de poñer en marcha as máis interesantes para a rexión polaca. A Baixa Silesia creará en Wroclaw un dos cinco centros de competencia xeriátrica que xa están planeados. Isto créase no A. Falkiewicz Specialist Hospital. Polo tanto, o socio polaco organizará esta conferencia con eles.


Ademais, en colaboración coa ACIS, o Servizo Galego de Saúde e co Ministerio de Sanidade, participan no proxecto a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Clúster Saúde de Galicia, BIOGA e as fundacións Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.