h1

Vázquez Almuíña “Estímase que ata un 20% dos menores de 18 anos terán experimentado depresión nalgún momento da súa vida”.

O pasado 21 de febreiro, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, inaugurou o acto de presentación da Guía de Práctica Clínica de Tratamento da Depresión na Infancia e na Adolescencia.

Este documento, que nace tras dous anos de intenso traballo, ven a recoller as recomendacións dos profesionais do Servizo Galego de Saúde co fin de mellorar o coñecemento e diminuír a variabilidade na práctica clínica e acadar o maior beneficio terapéutico das persoas afectadas por esta patoloxía.

260220181.jpg
Durante o proceso de elaboración desta guía logrouse incorporar as recomendacións técnicas e as visións e necesidades sentidas polos pacientes e os seus familiares. Un exemplo de proxecto nacido ao abeiro desta colaboración foi o estudio de investigación Photovoice “fotografiando a depresión na infancia e adolescencia”. Outra iniciativa é a do proxecto de Biblioterapia en Depresión, na que que teñen participado expertos do campo literario e xornalístico. Todas estas liñas de intervención foron enfocadas a conseguir unha perspectiva multidisciplinar e integradora da abordaxe da depresión non solo no eido asistencial senón no conxunto do ámbito do proceso depresivo.
 
Luis León, Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria da ACIS, en representación de M.ª José Faraldo, Xefa do Servizo da Unidade de Asesoramento Científico-técnico da mesma Axencia, subliñou que as guías teñen o potencial de poder mellorar os procesos asistenciais e os resultados en saúde e garantir un uso mais eficiente dos recursos.
 
A guía preséntase en diferentes formatos e tenta dar resposta aos problemas que se presentan na atención á depresión na infancia e adolescencia. Ademais das recomendacións traballouse en indicadores que poidan ser empregados para monitorizar a práctica clínica, algoritmos terapéuticos, anexos útiles para os clínicos e outras ferramentas que tentan favorecer a súa implantación.
 
260220182v2.jpg

En palabras do conselleiro de Sanidade, todas estas actuacións teñen que estar encamiñadas a que a depresión non menoscabe o futuro dos nosos xoves.

Durante a presentacion da guía varios profesionais abordaron distintos aspectos relacionados coa a confección das guías e a abordaxe da depresión na infancia e adolescencia: Yolanda Triñanes de Avalia-t, José Mazaira, psiquiatra da EOXI Santiago; Ana Goicoechea, Pediatra da EOXI Vigo y María Tajes, xefa do Servizo de Saúde Mental da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial,  coa clausura a cargo de Beatriz Allegue, xerente da ACIS.

 

gpcdepresion4.png