h1

Dende a Área de Xestión do Coñecemento e Talento da ACIS poñemos en marcha unha nova actividade denominada "Coñecemento en acción", cunha modalidade que combina tanto a formación como a achega das ideas e do coñecemento dos profesionais que participen.

Durante o desenvolvemento desta actividade traballarase nas ideas que propoñan os propios participantes, encamiñadas a conseguir melloras en calquera aspecto relacionado cos tres retos que se lanzan. Finalmente, deste traballo sairá unha pílula ou modelo  formativo que sirva para a súa difusión entre os profesionais do Servizo Galego de Saúde.

150220183.png