h1

O pasado luns 5 de febreiro tivo lugar no Salón de Actos da Consellería de Sanidade o acto de presentación do ano académico da ACIS, no que se presentaron os plans formativos e as novas liñas de traballo para o ano 2018.

O acto estivo presidido polo Conselleiro de Sanidade, o Secretario Xeral da Consellería de Sanidade, o Xerente do  Servizo  Galego de  Saúde  e o Xerente da ACIS.

O acto iniciouse cunha breve introdución por parte de Luís León Mateos, Xerente da ACIS, na que falou da importancia e o valor da formación e capacitación dos profesionais. Centrou o discurso en trasladar unha imaxe da ACIS como unha axencia que traballa cada día para que todas as súas áreas, innovación, investigación, avaliación e xestión de coñecemento, poñan en valor aos profesionais e o coñecemento que atesouran.

1.png

 

O Conselleiro fixo referencia ao recente Estudo de Necesidades Formativas realizado desde ACIS que serviu para xerar un Plan de Formación aliñado coas necesidades obxectivas e subxectivas dos profesionais. Neste sentido, Vázquez Almuiña remarcou que “o auténtico cambio ao que nos enfrontamos non é outro que a necesidade de traballar sen descanso na xeración dun verdadeiro ecosistema de coñecemento, no que os profesionais son os protagonistas do cambio”.
 
2.png2-1.png
O director da área de Xestión de Coñecemento e Talento, Rodrigo Gómez, presentou un breve resumo do estudo de necesidades de formación realizado así como as liñas de traballo: programa asistencial práctico (formación práctica en puntos de atención móbil), novas estratexias colaborativas e innovación formativa nos plans de teleformación; o proxecto de adestramento en urxencias e emerxencias en tempo de traballo para persoal sanitario de atención primaria REDE CASA e a oportunidade das novas licitacións dentro do Plan de Innovación Código 100 para transformar o modelo actual de xestión de coñecemento.
 
O acto finalizou, coa presentación de Leire Nuere, Directora do Global Campus da Universidade de Nebrija, que centrou a súa charla en “o lado innovador da formación”. Na súa charla Leire, compartiu tendencias e oportunidades para afrontar cambios transformadores na formación.

 3.png