h1

O proxecto europeo TITTAN ten como obxectivo establecer unha rede para intercambiar experiencias con 7 rexións europeas.

O deseño do plan de acción comezou en abril de 2016 e durará dous anos. No proxecto estanse abordando tres áreas temáticas relacionadas coa saúde  Nos últimos meses estudáronse as cuestións relativas á innovación tecnolóxica desde o sector público cara  ó sector privado.

Santiago de Compostela 20/12/2017 – ACIS participa no proxecto TITTAN (Translation, Innovation, & Technology Transfer in Ageing Network) que ten como obxectivo facer fronte o aumento do número de persoas maiores de 65 anos en Europa. O proxecto está co-financiado polo programa Interreg Europe.

O proxecto está divido en tres áreas temáticas. Os últimos traballos centráronse en cuestións relativas á innovación tecnolóxica desde o sector público cara o sector privado. Nosos socios de Almere (Países Baixos) foron os encargados de organizar o workshop de tres días de duración. Tódolos socios e varios dos stakeholders compartiron boas prácticas relativas a reducir a brecha entre a investigación e o mercado no sector da saúde.

Foron tres días intensos, onde presentáronse boas prácticas por parte dos socios de TITTAN e os seus stakeholders. Ademais realizáronse visitas de estudio de iniciativas innovadoras tanto en Amsterdam como en Almere, e unha reunión co fin de supervisar, coordinar e planificar o proxecto.

 

titan 6.jpg

 

O primeiro día, xunto coas boas prácticas, os stakeholders expuxeron os seus proxectos no campo da nutrición, envellecemento saudable e outros baseados en tecnoloxías punteiras procedentes de Galicia, País Vasco e Baixa Silesia. A continuación, os socios participaron nunha visita de estudio no A-Lab de Amsterdam, un espazo de coworking onde se entrelazan tecnoloxía e creatividade.
 
Durante o segundo día, presentáronse o resto das boas prácticas por parte de Galicia (PRIS), Escocia (Digital Health & Care Institute), Saxonia (C3-Saxony) e Baixa Silesia (masaxes médicos como terapia en xeriatría e un exemplo do primeiro apartamento/showroom para anciáns en Polonia). O traballo do martes completouse con varias visitas de estudio a iniciativas innovadoras en Almere, HealthFactory (living lab), Big Data Value Center (data Intelligence) y Senior Live (innovación social).
 
titan 7.jpg
 
O Amsterdam DataLab foi o lugar escollido para o último día da xornada onde aproveitou para revisar o progreso do proxecto, así como para planificar as visitas in situ da área temática. Liderados polos italianos e os socios holandeses, os socios de TITTAN levan a cabo estancias de curta duración en aquelas rexións que teñen experiencia relevante no campo da innovación tecnolóxica. Estas visitas brindan ó socio a oportunidade de responder a preguntas concretas de acordo coas súas propias necesidades. O planning das visitas in situ é:
 
​Socio/s que solicita/n a visita Socio anfitrión​ Boas prácticas​
​- Baixa Silesia ​FRRB ​- Open Innovation Platform
- Saxonia
- Baixa Silesia
- BIOEF​
​DHI ​- Digital Health and Care Institute (DHI)
- Scottish Health Innovations Ltd (SHIL)
- Research & Development in Scottish Universities
​- BIOEF ​Saxonia ​- C3 Saxony
- ACIS​ ​Almere ​- Health Factory
- DHI​ ​ACIS ​- PRIS, HIP and E-Saude
- Almere​ ​BIOEF ​- M4FUTURE, Comprehensive Corporate Innovation Model
- Age Friendly Basque Country
 
Ademais do workhop, tódolos socios mantiveron diferentes reunións cos seus respectivos stakeholders rexionais como centros de investigación, universidades, clústers empresariais.... Todas estas iniciativas beneficiarán indirectamente ós cidadáns das rexións involucradas, en particular, ás persoas maiores e os pacientes con enfermidades crónicas.
 
Tódolos socios europeos están orgullosos de participar no proxecto TITTAN e da importancia de este proxecto para cada unha das rexións. Mencionan como éxito do proxecto a boa cooperación, a comunicación fluída e o excelente ambiente de traballo entre os socios do proxecto tanto durante os talleres como a distancia.
 
Socios do proxecto:
 
O proxecto TITTAN ten un orzamento total de 1,7 M € e está liderado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS). As organizacións socias do proxecto financiado por Interreg Europe son: Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF, de Euskadi); a Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica (FRRB, de Lombardia en Italia); o Healthy Saxony (HS de Saxonia, en Alemania); o Digital Health & Care Institute (DHI, de Escocia en Reino Unido); a Lower Silesian Voivodeship Marshal Office (LSVMO, da Baixa Silesia en Polonia) e o Concello de Almere nos Países Baixos.
 
Tamén, en colaboración con ACIS, o Servizo Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade, participan no proxecto a Axencia Galega de Innovación (GAIN); o Clúster da Saúde; e as Fundacións Biomédicas Galicia Sur, Ramón Dominguez e Profesor Novoa Santos.