h1

Durante os días 11 e 12 de decembro o Servizo Galego de Saúde e ACIS acolleron a unha delegación de Escocia procedente do Digital Health & Care Institute (DHI) e do Goberno escocés - departamento eHealth Policy & Strategy. Esta visita está enmarcada dentro das actividades do proxecto europeo TITTAN do cal DHI é un dos sete socios e ACIS é coordinador do mesmo.

No primeiro día da visita, os nosos compañeiros do Servizo Galego de Saúde, Javier Quiles del Río -Xefe do Servizo da Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da información- e Marta Sande -Oficina proxecto IANUS- mostráronlles a plataforma IANUS e Telea como punto de partida. IANUS é unha ferramenta que ofrece ós profesionais sanitarios a información clínica dispoñible dun paciente e dos seus tratamentos, independentemente do hospital, clínica ou centro de saúde público dentro da nosa comunidade así como a posibilidade de  prescrición online, mentres Telea é a plataforma de teleasistencia domiciliaria para pacientes.
tittan3.jpg
Keith Wilcock (Goberno de Escocia); Marta Sande (Oficina proxecto IANUS); Javier Quiles (Consellería de Sanidade); Matt Mouley B. (DHI); Susana Fernández e Sergio Poza (ACIS).
 
A xornada continuou pola tarde, tras unha comida institucional presidida polo Secretario Xeral da Consellería de Saúde, Alberto Fuentes Losada; onde profundouse sobre a plataforma E-Saúde, que é a ferramenta que permite que tódolos usuarios do sistema de saúde galego podan consultar datos persoais da súa historia clínica en calquera dispositivo fixo ou móbil, o cal mellora a comunicación entre cidadáns e o sistema público de saúde.
 
tittan4.jpg
Momento da reunión. Consellería de Sanidade, ACIS, DHI – Goberno de Escocia.
 
Durante o segundo día da visita, o Director da Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria de ACIS, Sergio Figueiras Gómez, explicou a Plataforma de Innovación Sanitaria, ferramenta transversal para canalizar as ideas de mellora que profesionais, pacientes, coidadores, empresas e outros perfís implicados no sector saúde envían baseándose na súa experiencia, para converter as ideas de gran impacto en proxectos con resultados aplicables á realidade da práctica asistencial.
 
Tamén compartiron as experiencias adquiridas no programa PRIS, ferramenta deseñada para tender unha ponte entre o coñecemento xerado polos nosos grupos de investigación e a creación de valor económico e asistencial a través de novos produtos e servizos.
 
A xornada finalizou coa exposición de varios proxectos de Compra Pública Innovadora que se desenvolveron dentro da nosa organización como INNOVASAUDE e H2050 como exemplos de compra pública de tecnoloxía innovadora, e INNOVASUMA e EMPATTICS (proxecto europeo www.empattics.eu ) como exemplos de compra pública precomercial.
 
tittan 5.jpg