h1

Luís León Mateos, Director da área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria e Sergio Figueiras Gómez, Director da área de Desenvolvemento e Innovación da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde (ACIS) participaron na mesa debate sobre a Transparencia na Avaliación da Innovación dentro do III Encontro de Directivos de Saúde de Galicia.

O encontro, organizado por Sanitaria 2000, tivo lugar en Baiona o día 1 e 2 de decembro.

Sergio Figueiras sinalou que o Servizo Galego de Saúde é unha organización óptima para levar o coñecemento desde os profesionais ao paciente, ao intervir en todas as cadeas desde a fase inicial ata que os desenvolvementos pasan á clínica. É tamén crucial a participación na fase de ensaios clínicos porque actuamos na validación dos proxectos, ao contar cos pacientes e a metodoloxía

ENCUENTRO DIRECTIVOS_bAIONA.jpg


Sergio defendeu a transparencia na avaliación da innovación e puxo como exemplo o programa PRIS. "Temos máis 1.100 persoas realizando investigacións no Sergas", afirmou, unha realidade que reverte "en desenvolvementos que pasan á práctica clínica". "España ocupa o posto 10 en publicación científica, pero en patentes estamos no 23 e no gasto en investigación volvemos ao 10", explicou. "Temos un gran problema na comercialización de patentes. Debemos apostar por programas de valorización dos nosos resultados de I+D para que non só gañen diñeiro Harvard ou o Clínica Maio".

A continuación Luís León apostou por defender a postura de que non debemos obsesionarnos coa transparencia, porque temos que evitar a burocratización da innovación. Tamén explicou que hai demasiadas restricións que che poden levar a innovar quizá no que non é necesario. "No proceso de innovación, unha das ideas que xurdiu hai anos foron os nodos de innovación escoitando a todos os actores sanitarios e pacientes, para facer un nodo por cada EOXI. Ao final, o que hai que facer é, se a evolución é máis intelixente que ti, déixate levar".

Con ambas as intervencións iniciouse un distendido e dinámico debate no que os directivos da Consellería e o Servizo Galego de Saúde discutiron acerca das distintas iniciativas de innovación e investigación que ACIS promove dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia. Na mesa moderada por Eloina Nuñez Masid, Xerente da EOXI de Santiago, tamén participou Julio García Comesaña que fixo fincapé na transparencia no sistema da innovación sanitaria.