h1

Jesús Vázquez  Almuiña: “Cremos que a investigación aplicada, centrada no beneficio do paciente, é un recurso que xera valor no noso Sistema Público de Saúde”
 
O 22 de novembro de 2017, o salón de actos de Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu a II  XORNADA de Encontro para grupos de Investigación  do  IISGS.
 
Ao longo do evento os asistentes tiveron oportunidade de compartir traballos de investigación xa en marcha e dinamizar proxectos latentes. O encontro favoreceu e impulsou   o intercambio de coñecemento entre clínicos e investigadores e posibilitou tamén a presentación do Plan Estratéxico do Instituto.
 
Encontro IISGS.jpg
No transcurso da reunión debatéronse temas de vangarda no avance do diagnóstico e tratamento das enfermidades, abordando liñas de actuación que abarcaron desde a xenética humana, a enxeñería biomédica, os  biomarcadores e o xenoma do cancro ata os procesos  autoinmunes en enfermidades reumatolóxicas.

A clausura do acto contou coa presenza do Conselleiro de  Sanidade, Jesús Vázquez  Almuiña, que subliñou que, encontros como este, demostran a existencia dunha masa crítica que desexa potenciar a investigación  biosanitaria na nosa contorna.

Desde ACIS damos o parabén ao IISGS por esta iniciativa crave na difusión da investigación sanitaria.
 
 JHGKUYGF.png