h1

Misión. A continua introdución de novos dispositivos, fármacos e procedementos clínicos representa un reto para os profesionais á hora de decidir sobre a implantación de innovacións na práctica clínica asistencial.

Avalia-t encárgase de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, a efectividade, a seguridade e a eficiencia das novas tecnoloxías sanitarias e valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.

 
Os seus informes e demais produtos ponse a disposición dos profesionais para que a utilicen como base na súa toma de decisións, garantindo así a seguridade e a eficiencia das tecnoloxías sanitarias de saúde e a sustentabilidade financeira do sistema.
 
Destinatarios. A información elaborada por Avalia-t diríxese principalmente aos profesionais sanitarios e aos órganos xestores do sistema de saúde, pero tamén se realiza un importante esforzo para ofrecer produtos específicos dirixidos ás necesidades dos pacientes e coidadores.
 
Coñece en detalle os produtos e ferramentas que ACIS pon á túa disposición a través de Avalia-t. 002_Avalia-t_RESUMEN_GA_438x344.png