h1

A ACIS en colaboración con Bayer Hispania e o SERGAS celebrou o pasado 10 de Novembro a décimo sexta edición da aula Bayer. A iniciativa pretende fomentar un debate sobre un ámbito de interese para os diferentes actores que participan na cadea de valor da atención sanitaria. A temática escollida centrouse na innovación Tecnolóxica, tomando como eixos fundamentais a xestión e execución de proxectos innovadores e a compra pública, a sustentabilidade, o autocuidado por parte dos pacientes. Fíxose fincapé no desenvolvemento de proxectos innovadores dirixidos a pacientes crónicos, a través das experiencias do programa de telemedicina TELEA e do proxecto europeo EMPATTICS que coordina a ACIS.

A. Bayer.campa-consell. (2).jpg

O  debate contou coa presenza de varios actores. Desde as entidades financiadoras como  o Ministerio de Ciencia e Economía ou a Comisión Europea, os equipos de xestión dos proxectos, a visión da asesoría xeral, así como outros actores craves como profesionais, empresas desarrolladoras e por suposto pacientes.

A inauguración correu a cargo do Conselleiro de Sanidade que fixo un chamamento á determinación e o valor que os profesionais do SERGAS tiveron durante os últimos anos porque non só conseguiron executar proxectos de innovación complexos, senón que posteriormente traballa con determinación na súa implantación. De feito, a xornada contou coa participación dun paciente que explicou a súa visión e a súa experiencia no manexo de TELEA, plataforma de Telemedicina do SERGAS. 

Ademais de TELEA, a xornada abordou a posta en marcha de proxectos de innovación europeos. Este segundo bloque centrouse na experiencia da ACIS na coordinación do proxecto EMPATTICS. Ademais de Carmen Laplaza, Deputy Head da Unidade de Saúde, Benestar e Envellecemento da DG Connect na Comisión Europea, o debate incluíu a profesionais, xestores, e catro das seis empresas  seleccionadas para a primeira fase do Prego de Compra Pública Precomercial que lidera a ACIS.