h1

Luís León: "A sociedade no seu conxunto percibe positivamente a actividade investigadora na contorna sanitaria"
 
O encontro, celebrado os días 16 e 17 de xuño en Guadalajara, reuniu a un centenar de profesionais, fundamentalmente oncólogos médicos, aínda que tamén asistiron urólogos, oncólogos, radioterapeutas e outros especialistas.
 
O obxectivo da reunión centrouse en actualizar, reflexionar e debater sobre as novidades terapéuticas nestes tres tumores genitourinarios.
 
A conferencia maxistral, a cargo de Luís M. Antón Aparicio, do Servizo de Oncoloxía Médica da EOXI Coruña: "Os inhibidores de tirosina cinasa na reprogramación da inmunidade en cancro renal" subliñou a importancia da inmunoterapia, como un novo tratamento que potencia as defensas do organismo para combater o tumor.

O Director da área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria de ACIS, Luís León, presentou a conferencia final, "A investigación, unha necesidade asistencial".
ACIS 17 JUNIO.png
Para o Director de Investigación, non se trata dunha necesidade, se non dunha oportunidade; o elemento crave é coñecer os requirimentos do paciente, e dirixir a investigación cara ás súas verdadeiras necesidades: calidade de vida, bo trato, eficacia, ausencia de toxicidade, etc...
Pola contra unha interpretación utilitarista do paciente, "unha carreira de ensaios e captura de pacientes" supoñería unha cosificación dos enfermos, perdendo a perspectiva humana do medicamento.
Nesta liña, a avaliación de resultados e planificación estrátexica serán os dous alicerces onde se asenten as bases da investigación e avances oncolóxicos.