h1

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- Na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, Sonia Martínez Arca xerente de Acis, presentou unha nova edición do Foro Código Saúde, patrocinado por Pfizer onde se analizaron os novos perfís profesionais nos sistemas de Saúde.
 
 untitled.png

O xerente do Sergas Antonio Fernández Campa, moderou unha mesa de traballo na que participaron Dionisio López Bellido (xerente da EOXI de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras), Juan Pedro Serna Mármol (ex director da Fundación para la Formación e Investigación Sanitarias de la Región de Murcia) y Alejandra Mosteiro Catoira (coach sénior executiva & headhunter, directora de Extend RRHH). O xerente puxo énfase na necesidade de incorporar novos profesionais ao servizo galego de saúde como  bioenxeñeiros, matemáticos, expertos en BigData, etc... como elemento clave na sostenibilidade e eficiencia asistencia do Servizo Galego de Saúde.

Juan Pedro Serna fixo unha reflexión sobre a evolución do sistema de saúde, a influenza dos axentes externos como cambios demográficos, crises, avances científicos e tecnoloxía innovadora e un análise dos retos que temos pendentes.

Por outra banda, Dionisio López Bellido falou do futuro da sanidade cos cambios que se aveciñan, en canto a percepción dos pacientes de como serán os tratamentos, as influenzas das tecnoloxías nos coñecementos dos pacientes e así mesmo a introdución no sistema sanitario da intelixencia artificial. O xerente da da EOXI de Ourense, Verín e o Barco sinalou que todo isto suporá un cambio no tipo de profesionais que formarán parte do sistema sanitario.

Finalmente Alejandra Mosteiro Catoira, falou dos cambios nos perfís profesionais onde valóranse mais as habilidades e a actitude positiva. Indicou que as habilidades se poden adquirir e pódense adestrar. Estamos nun proceso de adaptación para os entornos cambiantes. Sinalou que o profesional do futuro será unha persoa con boa actitude, con habilidades e capacidade de aprender.

O Foro inaugurado polo Conselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña, contou tamén coa participación dos principais directivos do Sistema Sanitario Galego. A boa acollida do foro confirmou o interese dos participantes pola inminente transformación dos recursos humanos no eido da saúde á que se enfrontan todos os sistemas  sanitarios a corto-medio prazo.