h1

A cidade de León acolleu os días 9 e 10 de xuño un debate sobre os datos de vida real (RWD) e a súa incidencia nos avances científicos relacionados coa oncoloxía.

O Director da área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria de ACIS, Luís León Mateos, presentou o relatorio: "Das Unidades de Investigación Clínica ás Unidades de Innovación e Resultados. Dotación, organización e financiamento".

RWD Oncologia.png

O sistema sanitario de Galicia estivo amplamente representado no evento, coas intervencións de Jesús García Gómez, oncólogo da EOXI de Ourense noutra mesa redonda moderada por María Jesús Lamas Díaz, Xefe de Servizo de Farmacia Hospitalaria da EOXI de Santiago. Abordando o tema dos indicadores sanitarios participou Modesto Martinez Pillado, coordinador da Unidade de Calidade da EOXI de Pontevedra-O Salnés, exercendo de moderador Rafael López López, Xefe de Servizo de Oncoloxía da EOXI de Santiago; Eloína Nuñez Masid da mesma EOXI e Manuel Constela Figueiras, Xefe de Servizo de Oncoloxía Médica da EOXI de Pontevedra -O Salnés participaron activamente representando a SEDISA e ao colectivo médico respectivamente.

A clausura do acto contou coa presenza de Jesús García Mata, Xefe de Servizo de Oncoloxía de C.H.U. de Ourense, un dos profesionais promotores do acto encamiñado a reformular, entre outras cuestións, a evidencia científica na práctica asistencial, a importancia dos estudos post-autorización e os modelos empresariais para unha adecuada xestión clínica e o sostemento do SNS.

 

 

logo 2.jpg
 
 
Para máis información: http://oncorwdleon.com/