h1

O programa de terapias avanzadas de Código 100 comeza recoller os seus froitos, e proba diso é a reunión, coordinada por Luís León, Director da área de Planificación e Promoción de Investigación Sanitaria,  na que destacados facultativos dos hospitais galegos presentaron as súas propostas innovadoras dentro deste proxecto.
444444444.jpg

María Fernanda López (Hematología EOXI Coruña), expuxo unha proposta para o diagnóstico  e  seguimento de pacientes con leucemia. Antonio Mera (Reumatoloxía EOXI Santiago) tratou sobre o deseño e desenvolvemento dun nanofármaco destinado a tratar a inflamación por vía intra articular. Juan Pías (Neurología EOXI Santiago) presentou dous proxectos, sobre a estimulación cognitiva do ancián adaptada á súa traxectoria vital e os seus talentos individuais, e por outra banda a utilización de marcadores que permitan diferenciar a Enfermidade de Alzheimer doutro tipo de demencias.
Pola súa banda Ángel Concha (Anatomia patolóxica EOXI Coruña), secundado por Luís M. Antón (Oncoloxía EOXI Coruña) abordou a detección de mRNA de colágeno XI alfa a partir de exoxomas e en sangue periférico mentres que Mar Castellanos (Neurología EOXI Coruña) expuxo os beneficios de técnicas que faciliatasen a predición de transformación hemorrágica sintomática en pacientes tratados con RT-PA.
 
Pero Código 100 non termina aí a súa andaina, se non que estas formulacións son só a plataforma de saída dun proxecto cheo de posibilidades de futuro e aberto a novas propostas de avances científicos - sanitarios que teñen como obxecto final a mellora da atención integral do paciente.