h1

A documentación dixital permitiu, dende a súa implantación no ano 2009, un importante aforro de papel, xunto a un novo abano de posibilidades para os usuarios, que poden optar por visualizar a documentación a través de calquer dispositivo electrónico (tabletas, smartphones, portátiles…) ou imprimir a parte que máis lle interesa.

No mes de outubro de 2016 o servizo Documentación Dixital de ACIS alcanzou as 60.000 visitas, todo un indicativo do gran valor desta ferramenta que é utilizada a diario polos profesionais do sistema.

Documentaciondixitallsibnfifui.png

 
Como xa ven sendo habitual, o servizo de documentación dixital segue dispoñible a través da web de ACIS. Para atopalo, simplemente iremos ao apartado “Formación” onde debemos premer na correspondente sección “documentación dixital”. Unha vez no buscador, podemos procurar directamente polo código do curso ou por texto libre, nos resultados da busca atoparemos a ligazón directa a documentación de cada curso.

A documentación está comprimida nun arquivo “.zip” para facilitar a súa descarga, para descomprimilo é tan doado coma abrir o “.zip” e arrastrar os arquivos que contén ao escritorio do ordenador ou ao cartafol que desexemos. Nese momento xa teremos dispoñible a documentación do noso curso.

Reiterar o noso agradecemento aos profesionais do sistema, que dentro das súas funcións coma docentes seguen poñendo todo o seu esforzo na elaboración de documentación formativa que faga máis doada a transmisión do coñecemento. Grazas ao servizo de documentación dixital estes arquivos poden ser almacenados e difundidos dun xeito más eficiente.