h1

Eip on Aha Reference Site ___.jpg 
O EIP on AHA, é unha iniciativa piloto cuxo obxectivo é aumentar a esperanza de vida saudable en dous anos para o 2020, ademais de mellorar a competitividade europea.  Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida como "Reference Site" con 2 estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica tanto en resultados como en integración. En concreto, os Reference Site distinguiron aquelas rexións, cidades ou hospitais que destacaban por ofrecer exemplos concretos de servizos innovadores con valor engadido para os cidadáns e os sistemas de referencia nas rexións da UE.

Nesta nova convocatoria a Comisión Europea sinala que as rexións acreditadas como Galica como Reference Sites demostraron a existencia de estrategías integrais para avanzar en innovación para un envellecemento activo e saudable, baseado nun modelo de "cuádruplo hélice" que inclúe á industria, a sociedade, a academia e as autoridades gobernamentais a nivel rexional e local. Ademais engade que o status como Reference Site concédese a aqueles que demostraron excelencia no desenvolvemento, a adopción e escalado de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable, en liña cos obxectivos estratéxicos da cooperación do EIP on AHA e en particular coa European Scaling up Strategy for Innovation in Active and Healthy Ageing.

O premio outorgarase a principios de decembro en Bruxelas, dentro do marco da European Summit on Innovation for Active and Healthy Ageing (5-8 decembro de 2016).

Para obter máis información: Resultados Reference Sites 2016