h1

En concreto, ESFORZA diríxese a crear un fondo común de valoración de resultados en saúde, que preste apoio no desenvolvemento dos proxectos enmarcados na segunda edición do programa de desenvolvemento Precomercial dos Resultados de Investigación do Sistema Público de Saúde galego (PRIS2). Este nace por mor dos resultados favorables obtidos da súa primeira edición (PRIS1), traducidos na creación de dúas empresas de base tecnolóxica e ao comezo da creación de dúas mais, así como á apertura de negociacións con catro entidades internacionais. Ademais, dúas das tecnoloxías en desenvolvemento no PRIS1 foron incorporadas ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Logo_Esforza.png 
Polo tanto, o obxectivo de ESFORZA é facilitar a transferencia dos resultados da investigación ao mercado e/ou ao propio Sistema público de saúde, mediante a mobilización de fondos privados de diversas procedencias comprometidos co desenvolvemento científico, a economía do coñecemento e a mellora do benestar social.