h1

Esta iniciativa pretende establecer unha rede de intercambio de coñecemento con 7 rexións europeas para potenciar a innovación e transferencia de tecnoloxía no eido da saúde, especialmente naquelas enfermidades e liñas de traballo que afectan o envellecemento. 

As tres liñas de actuación de TITTAN son:
  1. Intercambio de boas prácticas para potenciar a adopción de desenvolvementos tecnolóxicos dende o exterior aos sistemas sanitarios (Compra Publica Innovadora e outras formas de innovación dende a demanda dos servizos de saúde)
  2. Intercambio de boas prácticas sobre como potenciar a transferencia de tecnoloxías desde os sistemas sanitarios cara ao exterior.
  3. Impulso da concienciación dos cidadáns sobre todo o desenvolvemento tecnolóxico para a xestión do envellecemento e reflexión sobre como o conxunto da sociedade se pode beneficiar desta aposta pola tecnoloxía.
Tiitan.jpg 
 Socios:

- Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España) - coordinador
- Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF), Euskadi (España)
- Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica (FRRB), Italia
- Healthy Saxony (HS), Alemaña
- The University of Edinburgh – Digital Health & Care Institute (DHI), Edimburgo (Reino Unido)
- Voivodato da Baixa Silesia (Polonia)
- Concello de Amsterdam (Países Baixos)

  • Orzamento total: 1.697.985,00 EUR​

 

Novas Relacionadas: