h1

 

Sin título.png 
 

 

A misión da Rede é xerar, difundir e facilitar a implementación de información destinada a fundamentar a toma de decisións no SNS, contribuíndo ao incremento da calidade, equidade, eficiencia e cohesión no mesmo.


A Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS ten as seguintes funcións:

  • Asegurar un marco metodolóxico de calidade común na avaliación e elaboración dos traballos.
  • Xestionar e coordinar a elaboración dos informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias.
  • Colaborar na identificación e priorización de necesidades e oportunidades en avaliación de tecnoloxías sanitarias.

A nova Web da rede facilita o acceso aos informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias, guías de práctica clínica e outros produtos baseados na evidencia. Dun modo xeral, a web está estruturada nos seguintes apartados:


1. Coñécenos
Información sobre a Rede, as súas funcións, colaboracións e outros datos de interese.


2. Informes de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias
Aquí atoparemos os informes de avaliación, documentos técnicos que avalían unha tecnoloxía sanitaria mediante unha revisión sistemática da literatura científica para coñecer a súa eficacia, efectividade e seguridade. Así mesmo pódese realizar unha contextualización e valoración do seu impacto no sistema sanitario e ter en conta aspectos legais, éticos, económicos, sociais ou organizativos.


3. Guías de Práctica Clínica
As Guías de Práctica Clínica (GPC) son un "conxunto de recomendacións baseadas nunha revisión sistemática da evidencia e na avaliación dos riscos e beneficios das diferentes alternativas, co obxectivo de optimizar a atención sanitaria aos pacientes".


4. Documentos de Apoio Metodolóxico
Os produtos xerados no marco da Rede de Axencias elabóranse cunha sistemática específica, baseándose nunha análise exhaustiva da literatura científica e cunha metodoloxía que garante uns resultados rigorosos e fiables.


Acceso á páxina web.