h1

 
 
Os obxectivos perseguidos son:
 
  • Establecer unha dinámica de innovación áxil e de baixo custo.
  • Habituar aos profesionais que forman parte dos nodos de innovación a xerar de maneira áxil propostas de solucións e proxectos a retos sanitarios.
  • Deseñar prototipos rápidos e sinxelos para as solucións a retos sanitarios.
 
O proceso dividiuse en catro fases:
 
  1. Inspiración. Xeración e identificación de retos. Nunha webinar, os equipos dos nodos decidiron traballar sobre o reto do paciente crónico.
  2. Imaxinación. En tres talleres presenciais traballouse sobre metodoloxía de deseño para xerar e prototipar solucións ao reto exposto.
  3. Validación. Nunha xornada presencial, os equipos traballaron as súas propostas creando prototipos que foron presentados a outros profesionais para obter o seu feedback.
  4. Acción. Sobre os prototipos traballados, realizouse unha webinar de peche para a identificación de propostas de proxectos a levar a cabo.
 
A utilización destas metodoloxías, permitiu aos máis de trinta profesionais que participaron en Kit Saúde, abrir os seus puntos de vista e pensar fóra da caixa para buscar solucións innovadoras que permitan resolver problemas do día a día.
Este tipo de accións levaranse a cabo desde os nodos, co despregamento dos mesmos ao longo deste ano 2016. Convidámosche a participar.
 
Plataforma de Innovción Sanitaria.