h1

A  súa concepción parte da necesidade de tecer unha rede flexible que permita que os médicos, os profesionais de enfermería e os xestores sanitarios actúen como intraemprendedores capaces de promover a mellora continua de todo o sistema achegando ideas concretas.
 
7 nodos. Cada unha das sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) do Sergas funciona como un nodo de innovación recollendo, xestionando e canalizando os inputs que recibe dos seus profesionais e compartíndoos co conxunto do sistema baixo un modelo de gobernanza coordinado e aberto.mapa-nodos.png
Os nodos realizan tarefas de dinamización, formación e promoción da innovación aberta entre os seus profesionais, á vez que lles prestan soporte na xestión e o acceso ao financiamento unha vez que as súas ideas se converten en proxectos.