h1

Se es un profesional do Sergas, un docente, un coidador, unha empresa ou entidade colaboradora e respondiches que si a algunha destas cuestións ou tes unha idea que consideres igual de útil, ACIS anímate a participar na Plataforma de Innovación Sanitaria.

 

As propostas recibidas serán priorizadas segundo os retos e as necesidades recollidas no Plan de Prioridades Sanitarias e a Estratexia Sergas 2014.

Necesidades asistenciais

· Integración asistencial entre niveis. Desenvolvemento de programas asistenciais integrados.
· Modelos de xestión de enfermidades crónicas. Pacientes pluripatolóxicos e oncolóxicos.
· Modelos de atención a colectivos específicos (anciáns, mulleres, nenos e saúde mental).
· Procesos de alta resolución.
· Procesos de atención domiciliaria e alta hospitalaria precoz.
· Servizos non presenciais. Mellora da accesibilidade dos cidadáns. Servizos multicanal.
· Programas de prevención e promoción da saúde.
· Modelos de atención sociosanitaria.
· Coidados paliativos.
· Implantación de sistemas de xestión da calidade.
· Sistemas de mellora da prescrición.

Necesidades de xestión do persoal

· Ferramentas de formación e avaliación.
· Ferramentas de xestión do coñecemento.
· Ferramentas de comunicación entre profesionais, difusión de información, interacción e participación.

Necesidades de sistemas de información

Dotación do profesional de ferramentas que aumenten a súa capacitación e rendemento.

Necesidades de xestión de recursos

· Alternativas á hospitalización.
· Diagnóstico por imaxe en rede.
· Plans de austeridade, identificadores de gasto.

Relación con axentes implicados no crecemento do sector sanitario

· Ferramentas de protección e transferencia de resultados de investigación.
· Sistemas de valorización de resultados de investigación.
· Implicación do sector privado.
· Creación de espazos de innovación, puntos de encontro entre axentes internos e externos.
· Creación do Clúster de Saúde de Galicia.
· Establecemento de canais de internacionalización.

Outras necesidades

· Demora no diagnóstico de doenzas graves.
· Demora nas intervencións cirúrxicas.
· Gasto farmacéutico.
· Demora na realización de probas.
· Tratamento humanizado.

Prioridades sanitarias

· Cardiopatía isquémica.
· Cancro de pulmón.
· Ictus / ECV.
· Diabetes Mellitus.
· Depresión / Trastorno de ansiedade.
· EPOC.
· Cancro de colon.
· Cancro de mama feminino.

Determinantes da aparición de enfermidades asociadas aos estilos de vida

· Tabaco.
· Sedentarismo.
· Diabetes.
· Obesidade.
· Contaminación ambiental.

Problemas prioritarios de dereitos e procesos

· Demora en consultas externas.
· Demora para probas diagnósticas en consultas externas.
· Tempo de demora para o ingreso non urxente.
· Ambulatorización con cirurxía maior ambulatoria.
· Estadía media en centros públicos.
· Sistemas de información para profesionais sanitarios.
· Extensión do aseguramento público aos residentes en Galicia.
· Información sobre dereitos, deberes e prestacións na Seguridade Social.
· Taxa de cesáreas.