h1

Este innovador modelo impulsado por ACIS, pioneiro na administración pública española, ten como obxectivo maximizar os recursos a disposición da comunidade investigadora para transferir os seus resultados ao mercado e ao paciente.

 

A través dunha campaña de atracción de investidores externos, alimentarase un fondo único xestionado por ACIS para impulsar os proxectos con máis potencial de comercialización e de implantación na carteira de servizos do Sergas.

 

Os investidores, ademais de obter as correspondentes desgravacións fiscais, poderán beneficiarse dunha serie de iniciativas ligadas ao desenvolvemento dos proxectos de I+D. Estas van desde o acompañamento estratéxico dos proxectos ata opcións preferentes na comercialización dos produtos ou servizos resultantes.