Convocatoria de axudas a proxectos de colaboración público-privada 2022

No BOE do 29 de decembro de 2022 publicouse o extracto da Orde pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2022, de axudas a proxectos de colaboración público privada, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia , cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 662592



O obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e organismos de investigación, có fin de promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial de novas ideas e técnicas e contribuir á creación de novos productos e servicios.


As axudas obxecto destas bases teñen como finalidade avanzar na incorporación de coñecementos e resultados cientifico-técnicos que permitan a validación e o desenvolvemento precompetitivo de novas tecnoloxías, productos e servicios, creando o contexto adecuado que estimule a xeración dunha masa crítica en I+D+i de carácter interdisciplinar para a súa aplicación, transferencia, búsqueda de solucións e xeración de resultados tanto nas traxectorias tecnolóxicas e de innovación das empresas como no mercado. Asi mesmo, con estes proxectos pretende movilizar inversión privada, xerar emprego e mellorar a balanza tecnolóxica do pais, así como reforzar a capacidade de liderazgo internacional do sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación e dos seus axentes, contribuindo a mellorar a competitividade do tecido empresarial.



A contía destinada as axudas ascende 260.000.000,00 euros .

O prazo de presentación de solicitudes é do día 13 de febreiro ata o 7 de marzo de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española) a través da sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación. Click Aquí

No lateral dereito dispoñedes dun acceso ao Extracto da convocatoria e da convocatoria.

Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.