Conferencia final de TITTAN COVID-19

Participa na conferencia final do proxecto TITTAN COVID-19 para o vindeiro 27 de setembro

Despois dos tres obradoiros do proxecto TITTAN COVID-19 nos que se mostraron as boas prácticas, recompiladas polos socios do proxecto, que se aplicaron e que foron esenciais na loita contra a covid-19, chegou o momento do evento final do proxecto TITTAN.
Nesta conferencia final os socios do proxecto compartirán as leccións aprendidas durante a loita contra a pandemia da covid-19. Tamén afondarán nas prácticas que foron clave nesta loita en cada unha das rexións: Galicia (socio principal), Euskadi, Saxonia, Lombardía e Escocia.
Será unha boa oportunidade para concluír o proxecto TITTAN que leva 6 anos compartindo experiencias e leccións aprendidas no campo da innovación sanitaria.
Uns días antes do evento publicaremos unha ligazón para acceder ao evento por streaming.
Esperamos que nos poida acompañar e coñecer todas as interesantes actividades

Data: 27 de setembro  de 2022 
Lugar: salón de actos da ACIS
En liña: ligazón que se comunicará uns días antes da data

10:00 (GMT +1) - Benvida e introdución

10:30 Sesión 1 - Galicia, Euskadi e Lombardía
  • Galicia - Boas prácticas como resposta á  covid-19: A estratexia galega de vacinación.
  • Euskadi - Boas prácticas como resposta á covid-19: Teleconsultas e videochamadas en Osakidetza.
  • Lombardía - Boas prácticas como resposta á covid-19: As primeiras semanas da pandemia na primeira rexión europea gravemente afectada.
12:00 - Descanso

12:30 - Sesión 2 – Saxonia e Escocia
  • Saxonia - Boas prácticas como resposta á covid-19:  Agrupación-Clúster de hospitais rexionais nun sistema sanitario con hospitais independentes.
  • Escocia - Boas prácticas como resposta á covid-19: Apoio á decisión clínica COVID-19.​
13:30 -  Debate
14:00 -  Clausura do evento

Pódese descargar a axenda completa do envento picando aquí

Máis información sobre o evento, en inglés, picando aquí

​TITTAN COVID-19

O proxecto ten como obxectivo establecer unha rede de intercambio de coñecemento con outras rexións europeas para potenciar a innovación e a transferencia de tecnoloxía no ámbito da saúde. O proxecto finánciase a través do Programa Interreg Europe a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). 

Socios:
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Galicia (España), coordinador
  • Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias (BIOEF), Euskadi (España)
  • Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica (FRRB), Italia
  • Healthy Saxony (HS), Saxonia (Alemaña)
  • Digital Health & Care Innovation Centre (DHI), Edimburgo (Reino Unido)


Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.